Un de cada 150 nenos e nenas nados en Galicia teñen un trastorno do espectro autista. Sería ideal que non tivésemos que facer nada para concienciar do autismo, pero de momento cremos e percibimos polas nosas vivencias e polas dos noso fillos que é moi necesario facer este tipo de accións.
O trastorno do espectro autista identifícase polas alteracións en tres áreas:
- Alteracións na comunicación
- Alteracións nas relacións sociais
- Alteracións nas conductas
Algúns dos indicadores en idades tempranas poden ser: esterotipias (aleteos e/ou balanceos), dificultades para comprender a linguaxe oral (incluso algunhas veces parecen xordos), hipersensibilidade en algún ou varios sentidos, rir ou chorar sen motivo aparente, inflexibilidade do pensamento, rutinarios en exceso...Moitos poden ser os indicadores por iso debemos estar atentos,sobre todo nos momentos de xogo e interacción cos iguais.
Dende Por Dereito queremos dicirvos que estamos aquí para apoiar ás familias e orientar a quen nolo solicite.
Temos en marcha varios proxectos que pouco a pouco van medrando: Proxecto de Lecer nos nosos concellos (xa son 7 concellos galegos), Proxecto de Acollida para familias con diagnóstico recente ou en proceso de diagnóstico, Proxecto de formación e capacitación para as familias e aberto a quen queira asistir (facendo fincapé nas novas tecnoloxías que poden axudar aos nosos cativos), Accións de concienciación do autismo e Xornadas anuais de formación en Ferramentas que faciliten a Inclusión
Nesta ocasión queremos convidarvos a que nos axudedes a dar visibilidade ao autismo, con algo tan sinxelo como por o día 2 de abril uns globos azuis nas vosas casas, postos de traballo, edificios públicos... E logo enviarnos unha foto deses globos indicando o concello de procedencia.
O ano pasado recibimos mais de 300 fotos, e moitos de vós participáchedes nisto,queremos aproveitar este correo para agradecervos esta gran acollida:
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=wv5iqQ1pMB0
Grazas pola vosa atención e esperamos que esta acción sexa do voso agrado
Cuca da Silva, Presidenta de Por Dereito
--
Teléfono de contacto: 679728094
Visita nuestro blog: http://www.pordereito.blogspot.com/
Estamos también en facebook: https://www.facebook.com/pages/ASOCIACI%C3%93N-POR-DEREITO/112676378771266