martes, 10 de junio de 2014

AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO

Xa tendes á vosa disposición as axudas para libros de texto para o vindeiro curso.
Sigue sendo para alumnado de Educación obrigatoria, primaria e ESO.
Pero este ano hai un par de novidades:
  • so é para libros de texto e non para outro tipo de maerial escolar.
  • as familias beneficiarias de esta axuda teñen a obriga de coidar os libros posto que os terán que entregar a final de curso a un banco de libros do centro.
Se queredes máis información e os impresos podedes preguntar no centro ou visitar na páxina web da conselleria.



Tamén recordarvos  que o Concello de Pontevedra ten un banco de libros, que entregando algún que valga para o ano, podeder solicitar outro, de entre 3º de Primaria hasta Bacharelato.
Os libros que valen para o ano  que ven son os de 2º, 4º e 6º de Primaria.
O resto dos cursos  1º,  3º  e 5º   de Primaria cambian de libros posto que comeza a implantación da nova lei LOMCE neses cursos.

Para axudas de material escolar para alumndo de E.Infantil, o concello soe facer unha convocatoria especial. Podedes pedir información no Concello.

miércoles, 4 de junio de 2014

EL CIRCO DE LAS MARIPOSAS

Acabo de descubrir un video precioso de como a nosa autoimaxe nos pode poñer límites ao que somos e ao que podemos chegar a ser.



lunes, 7 de abril de 2014

AUGA DOCE

Acaba de inagurarse unha exposición interesante na  CIDADE DA CULTURA, de Santiago, no Monte Gaias, chamada Auga Doce.
Tendes información sobre a exposición aquí.
Podedes aprobeitar estar alí e facer unha visita á propia Cidade da Cultura, por que hai visitas guiadas gratuitas.
E os sábados e Semana Santa hai actividades organizadas para ir en familia.


miércoles, 2 de abril de 2014

DIA DO LIBRO INFANTIL



Hoxe celébrase o dia internacional do libro infantil.
Tes máis información no seguinte enlace.



sábado, 29 de marzo de 2014

OS FILLOS E O SEU MANUAL DE INSTRUCCIÓNS - PARTE 1

EDUCANDO EN FAMILIA

Algunhas veces os nosos nenos e nenas, cando son pequenos, teñen un comportamento que non nos parece ben e non sabemos como correxilo.
Sabemos da importancia e beneficio que para eles teñen as rutinas e os límites, pero non sempre sabemos como levar a teoria á práctica.
Cando un neno de 4 anos desobedece, contesta mal ou ten outras condutas que non nos gustan, preocupamonos pensando que si  é así con 4 anos coo pode ser cando teña 14.
Pero a conduta modificase e propoño unhas orientacións e consellos que poder ser de utilidade.

domingo, 9 de marzo de 2014

XV SALON DO LIBRO

O próximo día 14 de Marzo dará comezo una nova edición do SALÓN DO LIBRO Infantil e xuvenil de Pontevedra. E xa vai pola XV edición.
Este ano presenta moitas novidades.
 
 
 
Se queres coñecer a programación, horarios, obradoiros... consulta na   páxina web do evento.


miércoles, 29 de enero de 2014