martes, 17 de abril de 2012

TÉCNICAS DE ESTUDIO




Ademais da información aportada no BOLETIN DE INFORMACIÓN AS FAMILIAS, que foi enviado no 1º trimestre a 5º nivel de E.Primaria  e que podedes voltar a consultar aquí, queria ofrecer un novo recurso para traballar este tema.

No seguinte BLOG podedes atopar moita documentación sobre como estudiar, aprender con mais eficacia, preparar exámes, como planificar o estudio. Tamén como podemos facer esquemas, tomar apuntes, facer resumos ou memorizar con mais facilidade, actividades motivacionais e incluso unha valoración inicial dos nosos hábitos de estudio.

Pareceme unha información completa e variada e que pode ser moi útil para os nosos alumnos de terceiro ciclo pero tamén para cando esteñan no Instituto e a esixencia de estudio sexa superior, e precisen mellorar a eficacia no seu traballo.



TICS NA EDUCACIÓN








Xa falei en outras ocasións da importancia e o valor que teñen as tics dentro do Departamento  de Orientación. No enlace que se ofrece a continuación temos unha páxina moi interesante:

ORIENTAMUR

O portal educativo da "Consejeria de educación de Murcia", (no enlace anterior), ofrecenos uns documentos moi interesantes, que ademais podedes descargar gratuitamente en PDF.

1- Las nuevas tecnologías aplicadas a los procesos de Orientación Educativa
O primeiro deles, un artigo de Julio Cabero, profesor da Universidade de Sevilla, falanos do impacto das tics nos diferentes niveis educativos, e nas diferentes disciplinas, e no caso concreto da Orientación Escolar e Profesional dado que a súa presencia é cada vez mais significativa.

2- Orientación Educativa, nuevas tecnologías y sociedad de la información
Neste caso o profesor  da Universidade de Jaén, Antonio Pantoja, analiza nun artigo, as repercusións das novas tecnoloxías da comunicación e información, están tendo no ensino, e en concreto, aínda que de forma máis tímida na Orientación Educativa.

3- GISPO- Gestión Informatizada de Servicios y Programas de Orientación
Neste terceiro documento, explicase a novidade dun programa de xestión dos Departamentos de Orientación, levado a cabo por APOCLAM  e por APOEX, chamado GISPO. 
Este programa é unha ferramenta informatizada para a xestión dos Departamentos de Orientación de E.Infantil. E.Primaria e ESO. No documento explica  a necesidade deste tipo de programa, e do valor e a importancia no modo de xestión da información nos Departamento de Orientación.
Mostra cal é a filosofia de traballo que levou a cabo este proxecto e como está estructurado, así como unha guia de instalación e xestión do programa dende a páxina  da asociación http://apoclam.org/gispo.html







RECURSOS EN RED



Quero presentarvos un par de blogs con contidos educativos que me parecen de interese, sobre todo para o profesorado que está na busca de novos e interesantes recursos.

RECURSOS EDUCATIVOS PARA MESTRES

Xosé Vidal , autor deste blog, ofrecenos información a través dun amplio índice de temas que poden ser de gran interese, tales como actividades para a atención á diversidade, unha selección de blogs con contido educativo, conmemoracións e temas transversais, convivencia, recursos variados, moitos deles en galego, e incluso temas de debate.
Fai así mesmo  un estupendo artigo no que nos anima, a tódolos docentes a usar os recursos tics na práctica docente diaria.
Se queredes consultalo clicade AQUÍ.


LA CONQUISTA DE LAS PALABRAS

Neste blog, a súa autora MªJose Marrodán ofrece un milleiro de materiais para compartir que poder ser de gran axuda para o profesorado de E.Infantil e E.Primaria.
Ofrece tanto artigos propios como enlaces de outros autores. Pautas e orientacións sobre diversos temas, enlaces a blogs e webs de interese, enlaces a páxinas institucionais e un  sinfín de recursos interesantes, como actividades de animación á lectura, comentarios sobre novidades editoriais infantís e xuvenís. Tamén trata de forma precisa as dificultades de aprendizaxe e a atención á diversidade.
Para disfrutar do seu traballo clicade AQUÍ.