martes, 17 de abril de 2012
RECURSOS EN RED
Quero presentarvos un par de blogs con contidos educativos que me parecen de interese, sobre todo para o profesorado que está na busca de novos e interesantes recursos.
RECURSOS EDUCATIVOS PARA MESTRES
Xosé Vidal , autor deste blog, ofrecenos información a través dun amplio índice de temas que poden ser de gran interese, tales como actividades para a atención á diversidade, unha selección de blogs con contido educativo, conmemoracións e temas transversais, convivencia, recursos variados, moitos deles en galego, e incluso temas de debate.
Fai así mesmo un estupendo artigo no que nos anima, a tódolos docentes a usar os recursos tics na práctica docente diaria.
Se queredes consultalo clicade AQUÍ.
LA CONQUISTA DE LAS PALABRAS
Neste blog, a súa autora MªJose Marrodán ofrece un milleiro de materiais para compartir que poder ser de gran axuda para o profesorado de E.Infantil e E.Primaria.
Ofrece tanto artigos propios como enlaces de outros autores. Pautas e orientacións sobre diversos temas, enlaces a blogs e webs de interese, enlaces a páxinas institucionais e un sinfín de recursos interesantes, como actividades de animación á lectura, comentarios sobre novidades editoriais infantís e xuvenís. Tamén trata de forma precisa as dificultades de aprendizaxe e a atención á diversidade.
Para disfrutar do seu traballo clicade AQUÍ.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario