martes, 5 de junio de 2012

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

5 DE XUÑO
DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Un día coma hoxe gostariamos  recomendarvos  un libro que vos pode interesar.
Cada día mais os nosos nenos e nenas, a pesar de vivir nun ambiente natural e en moitos casos rural, adican mais tempo a ver a TV, e xogar con ordenadores e videoconsolas.
Os nenos e nenas necesitan contacto coa natureza e realizar actividades ao aire libre a cotio.


É da editorial GRAO


sábado, 2 de junio de 2012

7 FALARES

Todos e todas, nenos e nenas, pícaros e grandes
disfrutamos algunha vez , ou moitas veces, escoitando unha boa historia
contada por alguén que sabe facelo.
Contar contos non é unha actividade para facer en familia.

Nenos e  adultos podemos gozar coma nunca escoitando a verdadeiros contadores de contos.
En Pontevedra, xurdiu unha iniciativa maravillosa que grazas a   "Pavís, Pavós"
podemos divertirnos todos e todas
por que o programa que nos presentan é expectacular, variado, entretido.....
Será a próxima fin de semana.
Se queredes mais información clicade aqui, na súa conta de  facebook, onde ademáis podedes consultar o programa de actividades.

¡ NON O PODEDES PERDER!

miércoles, 30 de mayo de 2012

TDA E TDAH

O trastorno por deficit de atención con ou sin hiperactividade está de moda. Fai uns anos non existia e agora todos falamos diso e todos coñecemos algún neno ou nena que o padece.
Temos que ter en conta que certas condutas inquedas, desatentas ou disruptivas que atopamos nas aulas con frecuencia, son moitas veces, a maioria delas, falta de normas, poucos hábitos de traballo ou de saúde e indisciplina ou desobediencia. Pasamos de ter unha educación, tanto escolar como familiar autoritaria, a rechazar todo tipo de autoridade incluso a necesaria e beneficiosa.
E fálase moito de este trastorno  porque aparece a dúbida sobre a necesidade ou non de medicación.
Podemos escoitar e ler cantidade de informacións que se contradicen unhas con outras.
Dende o centro educativo non podemos valorar esas decisións, xa que é unha cuestión médica, e a decisión última a ten a familia.
Pero no centro educativo si temos a responsabilidade de axudar a eses nenos e nenas a acadar o  desenvolvemento óptimo da súas aprendizaxes, intentando sempre facilitar as dificultades que podan atopar por esa causa.
Ante todo debemos axudar aos nenos e nenas a mellorar, a medrar como persoas, coas súas cousas positivas e negativas, respectando as súas diferencias e as súas individualidades.
TODOS SOMOS IGUAIS E TODOS SOMOS DIFERENTES.

Si este tema e do teu interese podes consultar a información que propoñemos a continuación.
MITOS - AQUI

ORGANIZADOR  - AQUI

NOVO PARADIGNA DO SISTEMA EDUCATIVO

PARA REFLEXIONAR UN POUCO:
de onde vimos, onde estamos e a onde queremos chegar....


                                            Si temos fillos e hai cousas que preocupan.
Para que se supón que debemos preparar ás novas xeracións?
Se queres saber algo mais do autor, Ken Robinson, clica aquí, na súa páxina web.
Tamén podedes ver unha entrevista que Eduardo Punset lle fixo no programa redes

lunes, 28 de mayo de 2012

NOVOS BOLETÍNS INFORMATIVOS AS FAMILIAS

Xa temos publicados no blog os enlaces aos boletíns de información as familias do 2º trimestre.
Podedes consultalos sempre que querades.
Esperamos que a información sexa do voso interese.
Se tedes algunha suxerencia sobre algún tema que vos interese podedes facer un comentario a esta entrada.
Un blog faise rico grazas aos comentarios de quen os lee.

Para poder velos clicade na imaxe da columna da dereita, onde di
BOLETINS INFORMATIVOS FAMILIAS

DIA DO XOGO

                                                             
                                                     DIA INTERNACIONAL DO XOGO

Hoxe celebrase o dia internacional do xogo e  como a nos o xogo gostanos moito, como aprender xogando é o que mais nos gosta queremos compartir con todos  vos este manifesto a favor do xogo.
Clicade no enlace anterior e aderidevos a este manifesto.

PORQUE XOGAR É UN DEREITO DE TODOS E TODAS

lunes, 14 de mayo de 2012

ALTAS CAPACIDADES




As altas capacidades forman parte da diversidade coa que nos atopamos nos centros educativos. Según as estadísticas entre un 2 e un 3 % do alumnado ten altas capacidades intelectuais.
Non sempre están  identificados nin  ben atendidos.
Un dato preocupante é que a porcentaxe de  fracaso escolar entre os nenos e nenas de altas capacidades duplica os datos da poboación en xeral.
Hai moitos tópicos e estereotipos con respecto ás altas capacidades que creo se deben ir evitando.
O primeiro deles é denominalos "superdotados", non son nin super, nin teñen un don, exactamente.
Todos temos capacidades e este tipo de alumnado ten unhas capacidades para aprender superiores á media da población. Polo demais, e ante todo, son nenos/as, cometen erros, equivocánse, teñen dúbidas e disfrutan xogando igual que calquera outro. Necesitan que entendamos as súas características e que atendamos as súas necesidades.

Este é un tema que pode interesar a moitas persoas, e por iso ofrezo aqui certa información sobre o tema:
- En primeiro lugar en enlace a un blog que ten un experto en educación en altas capacidades. Trátase de Javier Tourón, profesor da Universidadade de Navarra e que é un referente en este tema a nivel mundial. Se queredes consultalo clicade aqui.



- Dous programas de TV:

1- Programa REDES, no que Eduardo Punset nos explica este tema, charlando con expertos na materia de relevancia mundial




2- O segundo video é dun programa de Documentos TV chamado "Al este de la campana de Gauss", que podedes ver a continuación




O tema é amplo e interesante e con moitos matices e conceptos novos e non sempre fáciles de comprender: talento, superdotacion, enriquecemento, flexibilización, intelixencias múltiples,....




martes, 17 de abril de 2012

TÉCNICAS DE ESTUDIO




Ademais da información aportada no BOLETIN DE INFORMACIÓN AS FAMILIAS, que foi enviado no 1º trimestre a 5º nivel de E.Primaria  e que podedes voltar a consultar aquí, queria ofrecer un novo recurso para traballar este tema.

No seguinte BLOG podedes atopar moita documentación sobre como estudiar, aprender con mais eficacia, preparar exámes, como planificar o estudio. Tamén como podemos facer esquemas, tomar apuntes, facer resumos ou memorizar con mais facilidade, actividades motivacionais e incluso unha valoración inicial dos nosos hábitos de estudio.

Pareceme unha información completa e variada e que pode ser moi útil para os nosos alumnos de terceiro ciclo pero tamén para cando esteñan no Instituto e a esixencia de estudio sexa superior, e precisen mellorar a eficacia no seu traballo.



TICS NA EDUCACIÓN








Xa falei en outras ocasións da importancia e o valor que teñen as tics dentro do Departamento  de Orientación. No enlace que se ofrece a continuación temos unha páxina moi interesante:

ORIENTAMUR

O portal educativo da "Consejeria de educación de Murcia", (no enlace anterior), ofrecenos uns documentos moi interesantes, que ademais podedes descargar gratuitamente en PDF.

1- Las nuevas tecnologías aplicadas a los procesos de Orientación Educativa
O primeiro deles, un artigo de Julio Cabero, profesor da Universidade de Sevilla, falanos do impacto das tics nos diferentes niveis educativos, e nas diferentes disciplinas, e no caso concreto da Orientación Escolar e Profesional dado que a súa presencia é cada vez mais significativa.

2- Orientación Educativa, nuevas tecnologías y sociedad de la información
Neste caso o profesor  da Universidade de Jaén, Antonio Pantoja, analiza nun artigo, as repercusións das novas tecnoloxías da comunicación e información, están tendo no ensino, e en concreto, aínda que de forma máis tímida na Orientación Educativa.

3- GISPO- Gestión Informatizada de Servicios y Programas de Orientación
Neste terceiro documento, explicase a novidade dun programa de xestión dos Departamentos de Orientación, levado a cabo por APOCLAM  e por APOEX, chamado GISPO. 
Este programa é unha ferramenta informatizada para a xestión dos Departamentos de Orientación de E.Infantil. E.Primaria e ESO. No documento explica  a necesidade deste tipo de programa, e do valor e a importancia no modo de xestión da información nos Departamento de Orientación.
Mostra cal é a filosofia de traballo que levou a cabo este proxecto e como está estructurado, así como unha guia de instalación e xestión do programa dende a páxina  da asociación http://apoclam.org/gispo.html







RECURSOS EN RED



Quero presentarvos un par de blogs con contidos educativos que me parecen de interese, sobre todo para o profesorado que está na busca de novos e interesantes recursos.

RECURSOS EDUCATIVOS PARA MESTRES

Xosé Vidal , autor deste blog, ofrecenos información a través dun amplio índice de temas que poden ser de gran interese, tales como actividades para a atención á diversidade, unha selección de blogs con contido educativo, conmemoracións e temas transversais, convivencia, recursos variados, moitos deles en galego, e incluso temas de debate.
Fai así mesmo  un estupendo artigo no que nos anima, a tódolos docentes a usar os recursos tics na práctica docente diaria.
Se queredes consultalo clicade AQUÍ.


LA CONQUISTA DE LAS PALABRAS

Neste blog, a súa autora MªJose Marrodán ofrece un milleiro de materiais para compartir que poder ser de gran axuda para o profesorado de E.Infantil e E.Primaria.
Ofrece tanto artigos propios como enlaces de outros autores. Pautas e orientacións sobre diversos temas, enlaces a blogs e webs de interese, enlaces a páxinas institucionais e un  sinfín de recursos interesantes, como actividades de animación á lectura, comentarios sobre novidades editoriais infantís e xuvenís. Tamén trata de forma precisa as dificultades de aprendizaxe e a atención á diversidade.
Para disfrutar do seu traballo clicade AQUÍ.

jueves, 29 de marzo de 2012

O BLOG COMO FERRAMENTA NA ORIENTACIÓN EDUCATIVA

Daniel Veiga Martinez ofrécenos un artigo no que nos explica como está sendo a súa experiencia como orientador e dinamizador na creación de blogs no seu centro educativo. (se queredes velo completo clica aquí ).

Explica as características xerais do uso do blog como ferramenta:
  • é un sistema sinxelo, práctico, rápido e sin custe económico.
  • ten a posibilidade de interinteractuar.
  • permite a sindicación de contidos a outros blogs ou lugares web.
  • permite un sistemade almacenamente e organización de moita información.
Así mesmo establece unhas aportacións pedagóxicas do uso dos blogs educativos como son:
  • mellora a alfabetización dixital e de tratamentoda información do alumnado.
  • resulta motivador para levar a cabo competencias lingúísticas (leer e escribir) e tamén formación audiovisual.
  • o alumnado síntese protagonista do blog no que participa.
  • reflicte as actividades de aprendizaxe levadas a cabo no centro, e polo alumnado.
O autor mostranos  as características de "blogia" como ferramenta para crear un blog.

Explica, tamén, a importancia de organizar e estructurar o blog, que creemos, cos temas que nos interesa tratar e a importancia de facer un esquema da organización da información que queremos mostrar no blog.

Continua mostrándonos os distintos pasos que segueu á hora de traballar con estes recursos, e como se foi implicando nas tics en xeral e no uso dos blogs, en particular, o longo de varios cursos. Aplicacións variadas que podemos incluir no noso propio blog e unha serie de informacións e bibliografia que poideran interesar.

Son, en xeral, informacións prácticas de como crear e manter actualizado o noso blog.


O BLOG COMO FERRAMENTA DE ORIENTACIÓN

Mª Carmen Delgado escribe un artigo sobre os blogs como ferramenta dentro do departamento de Orientación e explica a súa experiencia (podedes ver o artigo completo aquí ).

A autora, como moitos de nos, creamos un blog, de forma sinxela e autodidácta, pero pouco a pouco, imos vendo as posibilidades que ten e queremos saber mais, e comezamos a facer cursos de formación  que nos axuden con esta tarefa. Así empezamos.

A experiencia da autora do artigo comenzouse a facer tendo como destinatarios a toda a comunidade educativa: o alumnado e as súas familias, o resto do profesorado e tamén a un mesmo.

Os obxectivos que interesaban son os seguintes:
  1. OFRECER INFORMACIÓN DE INTERESE E ACTUALIZADA. Axudando a mellorar a competencia dixital e o tratamento da información. Precisamos saber buscar información, valorar dita información, realizar destrezas de razoamento para organizar e clasificar esa información e habilidade para comunicala.
  2. RECOPILAR RECURSOS. Suscribíndose a certas webs ou blogs que nos resulten de interese temos sempre información actualizada do que se publica neles.
  3. RECOPILACIÓN DE INFORMACIÓN e de recursos de interese tanto para o propio orientador como para profesores titores, á hora de levar a cabo o plan de acción titorial, por exemplo.
Cada blog acabará especializandose ou dando información sobre temas que interesen mais á comunidade educativa á que van dirixidos. Nun centro de secundaria a Orientación Académica e Profesional terá un peso importante. Nun centro de E.Infantil e Primaria será máis adecuado ofrecer información e guias  para familias e recursos e actividades para o alumnado que podan completar a súa formación.
É indudable a necesidade de educar e alfabetizar á sociedade nas novas tecnoloxías, cada día mais imprescindibles na vida cotiá.
Invito as familias, alumnado e por suposto ó profesorado,aínda  que nun principio sexan reaceos a participar, non por falta de interese, seguramente, pero si por descoñecemento ou falta de tempo que "blogueedes" e aprendades con este universo que ten como premisa a de "compartir".

RAZONES PARA CREAR UN BLOG

Docente:8 motivos para crear un blog en 2012


Este é o  título de dun átigo (podedes velo completo aquí ) que trata de convencernos para que este ano teñamos, os docentes, o propósito de crear un blog. Explícanos algúns dos moitos motivos para facelo.
Enumera os beneficios que publicar un blog, no que nos pode aportar como docentes e tamén de forma persoal.
Sirve para reflexionar sobre a evolución do noso traballo e os nosos pensamentos, xa que ten un formato de diario, de forma cronolóxica. Fainos traballar e por suposto aprender acerca das novas tecnoloxías. Mellora  a nosa competencia lingüística e a creatividade. permítenos comunicarnos, compartir recursos, experiencias e opiniónscos persoas de todo o mundo, o que pode incluso aumentar as propias oportunidades profesionais.
Por non falar da oportunidade de establecer novos canles de comunicación co alumnado e as súas familias e mostrando o noso traballo, as nosas inquedanzas e a dedicación que temos con respecto o ensino melloramos a imaxe do docente.

Non creo que sexan as únicas razóns, pero todas elas son moi interesantes, e creo que suficientes para que mereza a pena o esforzo, a dedicación e sobre todo o tempo que nos leva poñelo en práctica.

Animo a todo o mundo a que o intente.

domingo, 19 de febrero de 2012

ESCOLA DE FAMILIAS


O Departamento de Orientación do Ceip de Marcón está a poñer en marcha un programa de ORIENTACIÓN FAMILIAR, que consiste no envío de forma periódica de boletíns informativos ás familias coa finalidade de ofrecer información que poda ser do seu interese segundo a idade e nivel educativo no que están os vosos fillos/as.
Presentamos o primeiro deles neste 1º trimestre do curso.
Esperamos que a información dos mesmos sexa de utilidade.

Podedes consultalos nos seguintes enlaces:
            COMO MELLORAR A AOUTONOMIA DO TEU FILLO
          OS PREMIOS E CASTIGOS NA EDUCACIÓN DOS
        FILLOS E FILLAS
          COMO MELLORAR A AUTOESTIMA DOS NENOS E
       NENAS
          FILLOS QUE SE SENTEN BEN
           COMO AXUDAR OS TEUS FILLOS A ESTUDAR
          AS NOVAS TECNOLOXIAS: EDUCAR PARA PROTEXER

(Moitas grazas aos compañeiros do foro de orientadores por compartir materiais e traballo e que me deron este traballo case feito)

ACTIVIDADES AUDICIÓN E LINGUAXE




A profesora de Audición e Linguaxe Patricia Guimaráns, coa que tivemos a sorte de traballar cursos pasados realizaou unha serie de actividades para completar o traballo da aula de AL que vos podedes facer dende a casa.
Estan aloxados na páxina do Departamento de Orientación do blog  do  CEIP Cabanas-Salcedo.
Para facer as actividades directamente clica aquí.

Se tedes dificultades coa pronuncia de certos fonenas practica e divirtete!!!

sábado, 18 de febrero de 2012

INTERNET SEGURO


Cada vez mais a presencia de tecnoloxiía informática forma parte da nosa vida cotiá. Eso significa que debemos alfabetizar ós nosos nenos e nenas neses novos sistemas de comunicación. Pero debemos de facelo sempre de forma segura e saudable.
Dado a importancia do tema consideramos importante que todos os implicados: nenos e nenas, familias e profesorado esteñamos informados sobre o tema.
A xunta ten editados uns traballos interesantes. Se queres coñecelos cliclade aquí.

SALON DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA





Como cada ano o Concello de Pontevedra pon en marcha esta iniciativa e xa vai pola 12+1 edición.
Non dubidedes en visitar o salón unha vez mais para disfrutar dunha estupenda xornada en familia.
Se queredes mais información clicade aqui